Comenzamos a traballar na primeira tarefa do noso proxecto esta semana. Esta, centrarase nos lugares naturais nos que podemos atopar auga.
Empezamos por facer unha chuvia de ideas entre toda a clase, na que pensamos en todos os lugares que coñecemos que teñen auga ao noso arredor.
A partir desta rutina de pensamento, reflexionamos sobre como chega a auga a todos os sitios do mundo, tanto na terra, como nas nubes... e para isto, realizamos unha nova rutina de pensamento que se chama 3, 2, 1 puente.
Nela, debemos escribir 3 ideas que temas sobre o tema que estamos a tratar, 2 preguntas que nos facemos e 1 imaxen que reflexe os nosos coñecementos.
Tras reflexionar sobre este proceso, explicamos na clase o ciclo da auga, e fixémolo cun pequeno "experimento", no que introducimos auga nunha bolsa e observamos que pasaba cando se quenta.
Finalmente, volvemos á rutina de pensamento para facer a segunda parte, tras cruzar a ponte do coñecemento, e reflexamos o que aprendemos.
Sempre intentamos que cada actividade teña un proceso de reflexión co que asentemos os contidos traballados e non queden nunha simple experiencia que se olvida co paso dos días.