Á volta das vacacións de Nadal, nas primeiras clases de Lingua Galega estivemos traballando no noso vocabulario e aprendendo palabras novas en galego, e non hai mellor maneira de facelo que xogando!
Grazas ao "Verbolario" aprendemos moitas palabras novas en galego, xa que o xogo consiste en formar palabras cas letras que aparecen en cada un dos círculos de cores das tarxetas.
Desta maneira, puidemos aprender novo vocabulario e pasámolo xenial xogando co Verbolario!