sábado, 15 de enero de 2022

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Este curso en toda a etapa de Educación Primaria estase a levar a cabo un Plan de Benestar Emocional que se propón desde a Xunta de Galicia. 

Nós temos deselvolto o noso propio plan e en cada curso levamos a cabo catro actividades ao longo de todo o curso para traballar relacionadas coa identificación emocional, empatía, resiliencia, escoita activam, comunicación expresiva, habilidades sociais básicas, autoestima, regulación de emocións...

Hoxe pensamos en como sería ser superheroes, e cal sería o poder que nos gustaría ter. 

Cada un de nós explicou o superpoder que lle gustaría ter e como o desenvolvería. 

Finalmente representánolo con plastilina.