lunes, 24 de enero de 2022

TAREFA 0. QUE IMOS TRABALLAR?

Ao inicio de cada proxecto comenzamos sempre realizando diferentes actividades que nos axudan a reflexionar sobre o traballo que imos realizar. 

É por isto, que esta primeira tarefa do proxecto se chama QUE IMOS TRABALLAR?

Ao longo da semana pasada e hoxe, centrámonos en reflexionar sobre o noso plan de equipo. Esta actividade consiste en pensar nos obxectivos que como equipo nos queremos propoñer, e á vez, os retos a nivel persoal que queremos conseguir. 

Trátase dunha actividade na que debemos pensar e comprometernos, e que facemos coa profe, que nos axuda a pensar en todo o que debemos mellorar e nos guía no proceso de reflexión.