jueves, 7 de febrero de 2019

As horas

Dentro do noso proxecto, esta semana continuamos analizando un dos obxectos máis comúns para medir as horas, que é o reloxo. 

Comenzamos facendo unha rutina de pensamento na que analizamos as partes que ten un reloxo e a utilidade das mesmas. 


Continuamos xogando a un Matijuego no que repasamos as horas, e tamén a unha aplicación na tablet que nos axuda a mellorar a lectura dos reloxos. Aprender a través do xogo sempre é máis divertido!



Rematamos completando unha ficha que nos daba indicacións do día dunha nena e as horas ás que realizaba diferentes actividades. 

Fai clic na imaxe para ver máis.