jueves, 14 de febrero de 2019

O tempo

Dentro da primeira tarefa do proxecto na que nos encontramos inmersos comenzamos reflexionando sobre como podemos medir o tempo, que obxectos nos axudan a facelo, por que é importante esta medida, como organizamos o noso propio tempo...

Por esta razón esta semana traballamos sobre o noso propio horario. 

É importante que pouco a pouco os peques vaian sendo conscientes do paso do tempo, da importancia de organizar o seu propio tempo e que sepan que actividades teñen que facer cada día e cando poden disfrutar do tempo libre. 

Resultou moi interesante ver como progresan nesta conciencia temporal e como eles mismos son capaces de reflexionar sobre o seu propio horario persoal.