Hoxe en clase estivemos reflexionando sobre as diferentes formas que existen, ou que nós coñecemos para medir o tempo.
Pensamos distintos tipos de reloxos, dispositivos que permiten realizar esta medición, calendarios... e o fixemos a través dunha chuvia de ideas que despois compartimos con toda a clase.
Fai clic na imaxe para ver máis. |
Rematamos falando sobre a importancia de medir o tempo, para que situacións resulta importante e por que existen tantas formas de facelo.
Desde logo unha sesión moi interesante e que abriu a porta do noso proxecto. Seguiremos contándovos todo o que aprendemos.